Este verán, o Colleiteiros Son Festival está a converter as pequenas adegas do Ribeiro nun escenario onde o viño, a música e os petiscos se mesturan para crear experiencias únicas. Dende o pasado 5 de xullo e ata o 16 de agosto, seis colleiteiros abren as súas portas para ofrecer noites irrepetibles nas que brindar é tamén bailar e gozar da cultura feita a pé de viña.